Cor, baile e deporte únense no Holi Gaiás

|

Holigaias


O Holi é un festival de primavera hindú que se celebra na India e Nepal, tamén coñecido como o "festival das cores" ou "festival do amor", e que inaugura a entrada da primavera. Esta nova estación é conmemorada cunha explosión de cores, que o Gaiás decidiu incorporar na súa programación de marzo, acompañándoa ademais dunha carreira popular de cinco quilómetros polas áreas verdes do Gaiás baixo o título de Holi Gaiás.







Coa colaboración da Fundación USC Deportiva, a Federación Galega de Atletismo e o patrocinio de Viaqua, o Holi Gaiás preséntase como unha proba lúdica coa que recibir a primavera no Bosque de Galicia


Os participantes deberán levar zapatillas de deporte e estar dispostos a "divertirse, bailar, mancharse con pos de cores, e como non, facer algo de deporte", indican na páxina web da Cidade da Cultura. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress