O histórico nacotraficante Laureano Oubiña sae da prisión

Hai case tres semanas que a Audiencia Nacional lle concedeu o terceiro grao tras 22 anos entre reixas. Abandona o penal criticando a dirección e cualificándoo de "gran negocio".



|

Laureanooubinha


O histórico narcotraficante arousán Laureano Oubiña saíu de prisión tras 22 anos. O cárcere de Navalcarnero, onde cumpría condena, autorizou a súa saída para dar cumprimento ao terceiro grao concendido pola Audiencia Nacional fai case tres semanas.


O xuíz de Vixilancia Penal José Luis de Castro considerou o seu estado de saúde e o seu comportamento durante o seu tempo de pena, así como a presentación dunha oferta de traballo estable.


Á súa saída do centro penal, en declaracións aos medios, tal e como recollen varios nas súas edicións dixitais, Oubiña dixo que prefería "ser director dun cárcere que dun hotel de 6 estrelas na Castellana", criticando a dirección e o que cualificou de "gran negocio". O sacerdote da prisión foi quen trasladou ao narcotraficante.


Aínda que non poderá regresar a Galicia ata que se extinga a condena (nun período de 5 meses), o histórico narco fixará a súa residencia en Guadalaxara e traballará cunha ONG que facilita a acollida de inmigrantes e ex drogadictos. Nese centro de inserción social vivirá nun réxime semiaberto.

relacionada Os narcotraficantes detidos en Vigo e Padrón pertencen a un cártel colombiano
relacionada Conceden a Marcial Dorado o seu primeiro permiso penal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE