Cancela non descarta a súa candidatura para dirixir o PSdeG

Revela que fala "a miúdo" con Besteiro e descarta que o ex secretario xeral poida volver á primeira liña política.


|

CancelabesteiromendezromeuCancela, con Besteiro e Méndez Romeu.


A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, non descarta presentarse ás primarias dos socialistas galegos aínda que matizou que, polo momento, non se lle "pasa pola cabeza" facelo.


"Non descarto nin deixo de descartar (presentarse). Simplemente neste momento non se me pasa pola cabeza", confesou nun entrevista na Radio Galega este domingo recollida por Europa Press.


Así, apuntou que postularse para dirixir o PSdeG no próximo congreso galego "non é unha cuestión que forme parte" da súa "preocupación" nin da súa "ocupación", á vez que negou a posibilidade de que o ex secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, poida volver á primeira liña do partido.


"Eu falo con el (Besteiro) a miúdo. Non está encima da mesa esa formulación. Por tanto, se el non a ten, como a vou a ter eu?", matizou.


DATA PARA AS PRIMARIAS


Cuestionada sobre cando se celebrarán as eleccións internas a unha semana de que se cumpra un ano desde a dimisión de Besteiro, Cancela indicou que a xestora galega "non ten ningún peso" á hora de deseñar o calendario de primarias, aínda que non dá "por imposible" que teñan lugar antes do verán.


Con todo, expresou que espera que os comicios se celebren antes de final de ano para que o PSOE, tanto a nivel estatal como autonómico, poida encarar o ano 2018 centrándose en "outro tipo de mensaxes políticas".


ACUSACIÓNS DE PACHI VÁZQUEZ


Así mesmo, evitou pronunciarse sobre a columna de opinión remitida aos medios a pasada fin de semana polo ex secretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez, na que culpaba á xestora que preside Cancela da situación "catatónica" do partido en Galicia.


"Non vou valorar esas manifestacións. Afortunadamente este é un partido democrático e cada quen pode manifestar o que considere", apostilou Pilar Cancela.


PRIMARIAS ESTATAIS


A entrevista a Pilar Cancela gravouse antes de que a presidenta da Junta de Andalucía, Susana Díaz, anunciase que se presentará ás primarias para dirixir o PSOE, proceso para o que xa estaban confirmadas as candidaturas do ex lehendakari Patxi López e de Pedro Sánchez.


Preguntada por se participará nos actos programados por Sánchez en Galicia que terán lugar nas próximas semanas, Cancela indicou que non acompañará o candidato socialista nas dúas últimas Eleccións Xerais por "motivos de axenda".


En relación a iso, asegurou que a xestora galega se puxo "a disposición" de todos os candidatos ás primarias para "facilitarlles" os recursos da formación durante a súa campaña.

relacionada Cancela non descarta que Ferraz faga cambios na xestora do PSdeG
relacionada A xestora do PSdeG manterase neutral nas primarias do PSOE
relacionada Pachi Vázquez culpa á xestora da situación "catatónica" do PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE