Álvaro Otero publica a súa novela 'Waelrad' en castelán

O escritor afirma que nunca se chegou a sentir "plenamente identificado" coa versión en galego, que viu a luz hai 22 anos.


|

Alvarootero


O xornalista e escritor Álvaro Otero publicou a finais de 2016 a súa novela 'Waelrad', en castelán, desde que vira por primeira vez a luz en galego en 1995. Esta obra foi o debut do autor como escritor. A novela chega agora baixo o selo editorial de Círculo Rojo.


Realmente 'Waelrad' naceu en castelán pero para a súa publicación foi traducida ao galego. "Foi, o da tradución, un proceso interesante e non exento dalgunhas tensións e debates e que frutificou nunha moi académica versión coa que nunca me sentín plenamente identificado, pois para ben ou para mal sempre fun un escritor en castelán e 'Waelrad' nunca sería para min alumada, presentada de facto en sociedade ata que o fixese no seu idioma orixinal, como agora ocorre", relata o Otero no prólogo desta edición.


Nesta edición inclúense ademais as ilustracións do músico hispano-venezolano Julio Formoso, "un home poliédrico, dotado de moitos talentos", sostén o autor.


'Waelrad' relata a paz aparente dun pequeno pobo pesqueiro que comezará a perturbarse cando un barco chega a porto remolcando a unha enorme balea moribunda. A partir dese momento, unha cadea de desgrazas, e sobre todo o cheiro "mefítico, nauseabundo" do animal en descomposición, actuarán como resortes que dispararán as tensións, as ansias de vinganza e os rancores acumulados durante a recente guerra civil.

relacionada Unha profesora da UVigo traduce por primeira vez ao galego 'A Child's Garden of Verses'
relacionada Unha condutora pontevedresa reclama unha multa por estar en galego
relacionada A Xunta admite "carencias" na utilización do galego entre a mocidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE