Falece un condutor kamikaze na autovía entre Santiago e A Estrada

Chocou de fronte contra outro coche, cuxo condutor está grave no hospital compostelán.


|

Accidenteteokamikaze

Imaxe do accidente. //Foto: @emerx_galicia twitter


Un home faleceu tras impactar co seu vehículo contra outro turismo cando ciruculaba en dirección contraria pola AG-59, en Teo (A Coruña). O ocupante do outro coche resultou ferido grave.


Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, o sinistro produciuse ás 20,36 horas do sábado no punto quilométrico 1 da AG-59 sentido A Estrada (Pontevedra). O atestado correspondente para tratar de determinar as causas elabórao o Equipo de Atestados do Destacamento de Tráfico de Santiago que o remitirá ao Xulgado de Instrución de Garda de Santiago.


O falecido, de 60 anos de idade, circulaba en dirección contraria co seu Mercedes Benz, mesma marca de automóbil que utilizaba o ferido, de 56 anos, e que foi trasladado a un centro hospitalario polos servizos de Urxencias Sanitarias 061 e que se atopa en estado grave.


O 112 Galicia foi alertado minutos despois do impacto por un particular que aseguraba que acababa de ter un golpe cun coche que viña en sentido contrario e que o outro turismo estaba parado un pouco máis atrás.


Ademais da Urxencias Sanitarias 061, o CAE 112 Galicia tamén alertou do suceso á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Santiago e Teo, os Bombeiros de Santiago, o GES da Estrada e ao servizo de mantemento da estrada.

relacionada Interceptado un veciño de Trasmiras tras circular 30 km en sentido contrario pola A-52
relacionada Investigan un condutor de 68 anos por circular en sentido contrario na AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE