A biopsia líquida necesita as empresas galegas para recadar 250.000 euros nun mes

|

Laboratorioexperimentofarmacosoncomet


Oncomet, o grupo de oncoloxía médica transnacional do instituto de investigación sanitaria de Santiago de Compostela fai un chamamento ás empresas galegas para alcanzar o seu obxectivo na campaña posta en marcha en xaneiro para o estudo da biopsia líquida.


A piques de chegar aos 250.000 euros, con case 6.000 doadores e milleiros de persoas e colectivos que están a colaborar coa campaña, Oncomet valora que a resposta cidadá "está a superar con fartura todas as expectativas".


O director do grupo, Rafael López, destaca que non poden estar máis satisfeitos. "Pero para chegar a alcanzar os 500.000 euros que precisamos para poder continuar co noso traballo e que os enfermos de cancro galegos se poidan beneficiar das vantaxes da biopsia líquida necesitamos tamén a axuda das empresas galegas", asegura.


"Necesitamos da súa xenerosidade e da súa implicación na causa para alcanzar o noso obxectivo e conseguir situar a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica", resalta.


Esta revolucionaria técnica de loita contra o cancro, a biopsia líquida, permitiría adiantar o diagnóstico e tratar a enfermidade en fases máis temperás seleccionando mellor os tratamentos.


Moitos pacientes galegos estanse xa beneficiando das vantaxes que ofrece esta técnica de loita contra o cancro no seu tratamento e este proxecto permitirá abrir novas vías e ampliar o número de pacientes.

relacionada A campaña de micromecenazgo sobre a biopsia líquida alcanza os 200.000 euros
relacionada O fútbol galego súmase á campaña pola biopsia líquida
relacionada A biopsia líquida busca máis mecenas entre a sociedade galega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress