Remata o entreacto primaveral e regresan a choiva e o frío a Galicia

Este domingo haberá chuvascos frecuentes e intensos no norte, onde poderán vir acompañados de saraiba e aparello eléctrico.



|

Lluviaparaguastiempoinvernal


Despois de dous días de temperaturas primaverais, volve facer acto de presenza a choiva. A nebulosidade foi aumentado este sábado de oeste a leste, de forma gradual, e producíronse precipitacións no conxunto de Galicia.


Este domingo chegará unha masa de aire frío procedente do Atlántico norte que será de moita inestabilidade atmosférica, segundo a información de Meteogalicia.


Os ceos estarán nubrados, con chuvascos máis frecuentes e intensos no norte e leste da comunidade, onde poderán vir acompañados de saraiba e aparello eléctrico.


A cota de neve irá descendendo ata situarse sobre os 900 metros nas últimas horas do día. As temperaturas sufrirán unha baixada entre moderada e notable, con sensación térmica de frío debido a que os ventos soprarán moderados do noroeste, con intervalos fortes no litoral norte.


relacionada Primavera anticipada en Galicia este xoves, con ata 26 graos en Ourense

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE