Interceptan a un vehículo a 146 km/h nunha zona de paso de peregrinos no Pino

A zona está delimitada a 70 km/h | A sanción implica unha multa de 600 euros e a retirada de seis puntos do permiso de condución


|

Peregrinoslluvia


Efectivos do Destacamento de Tráfico de Santiago de Compostela interceptaron a un condutor que circulaba a 146 quilómetros por hora nunha zona limitada a 70 no municipio do Pino (A Coruña).


Segundo informou a Comandancia da Garda Civil da Coruña, o xoves pola tarde foi denunciado o condutor dun turismo Mercedes Benz que foi detectado no termo municipal do Pino cando duplicaba a velocidade permitida para a vía pola que circulaba.


En concreto, sobre as 17,30 horas un turismo foi detectado por un radar da Agrupación de Tráfico da Garda Civil a unha velocidade de 146 km/h nun tramo da vía N-547 (Lugo-O Pino) onde o límite se establece en 70, polo que excedía a velocidade en 76 kilómetos por hora.


Ao condutor notificóuselle a correspondente denuncia por exceso de velocidade dirixida á Xefatura Provincial de Tráfico. A sanción que implica esta infracción, segundo puntualizan as mesmas fontes, é de 600 euros e a retirada de seis puntos do permiso de condución.


CAMIÑO DE SANTIAGO


Ese tramo de vía está limitado a 70 quilómetros por hora, segundo aclara a Benemérita, "debido á súa coincidencia co Camiño de Santiago e ter un trazado sinuoso", polo que, segundo advirte, "supón un perigo para os peregrinos que por alí poidan camiñar".


Así, por parte da Agrupación de Tráfico da Garda Civil recoméndase "precaución e respectar os límites de velocidade", xa que este elemento, segundo engade, "está presente en moitas causas de accidentes nas súas distintas versións de excesiva ou inadecuada velocidade". Aos peóns lémbralles a importancia de utilizar pezas reflectoras ou de alta visibilidade.

relacionada Interceptado un condutor a 204 km/h nunha zona limitada a 100 en Lousame

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE