Lugo limita desde este hoxe a 30 km/h a velocidade na Ronda da Muralla

Aínda non se adaptaron radares para controlar que os vehículos cumpran co novo límite. 


|

Murallalugo2


A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, confirmou que desde este mércores limítase a velocidade a trinta quilómetros por hora en toda a Ronda da Muralla, aínda que non se adaptaron aínda os radares para controlala.


"Hoxe instáurase a zona 30 e a partir de hoxe (mércores) os veciños estamos máis implicados co medio ambiente", subliñou durante unha comparecencia ante a prensa na casa consistorial.


Deste xeito, o Concello busca potenciar o uso da bicicleta ou o ir a pé, ademais "da defensa do medio ambiente". "Que non só esiximos, senón que practicamos co exemplo", proclamou Lara Méndez.


Agora vaise a tratar de axustar os radares, dous na rolda, a esta velocidade de 30 por hora, aínda que a alcaldesa apuntou "que non se ten que circular a trinta porque haxa un radar ou non, igual que en calquera tipo de vía pública en que hai unha limitación independentemente de que haxa un radar ou non".


CONTRATO ALCOR


Por outra banda, na mesma rolda de prensa, a rexedora explicou que se rescindirá o contrato a unha empresa de seguridade, Alcor, por incumprir "as cláusulas sociais" que impón o Concello ás empresas coas que contrata.


Así, prescíndese de Alcor para o servizo de vixilancia nos "centros de convivencia" e tamén se dará por amortizada a concesión no albergue do transeúnte e no CEI-Nodus. Entre outros incumprimentos inclúe o non abonar 300 euros por encima do convenio a estes traballadores.

relacionada Tratan de identificar a tres encapuchados que lanzaron pedras desde a Muralla de Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE