Traballadores denuncian ante a valedora que Correos contrata "a dedo" aos seus eventuais

Aseguran que un de cada sete contratos na provincia en 2016 fíxose a unha persoa "que non pasou ningún tipo de proceso selectivo".


|


CorreosfrancomanifestacionCGT 1

Traballadores de Correos ligados ao sindicato CGT presentaron, aproveitando a visita do presidente da sociedade estatal, Javier Cuesta, unha denuncia ante a valedora do Pobo, Milagros Otero, pola "excesiva contratación a persoal eventual de forma irregular".


"Coa escusa de non atopar candidatos nas bolsas de contratación internas, Correos está a utilizar a figura do 'idóneo' para cubrir contratos eventuais e leva ano e medio formalizando contratos a persoal enchufado e seleccionado a dedo sen mediar ningún tipo de proba de selección coñecida e transparente", recolle CXT, nun comunicado.


Segundo sinala, "a última vez" que Correos abriu as bolsas á cidadanía foi en 2012, aínda que se lles solicitou "en diferentes ocasións" que as abrisen para poder ter un número de persoas "necesario para cubrir as ausencias".


Engade que, xa en outubro e ante denuncia na Inspección de Traballo da provincia da Coruña, Correos alegou que a situación se debía "a desaxustes organizativos puntuais, e que eran casos extraordinarios". Con todo, o sindicato asegura que un de cada sete contratos na provincia en 2016 fíxose a unha persoa "que non pasou ningún tipo de proceso selectivo.


Lembra que este feito motivou que Inspección de Traballo impuxese nese ano "unha sanción grave" a Correos en materia de contratación. CGT engadiu que "xa son máis de 1.000 os contratos efectuados por este irregular procedemento", xa que esta forma de contratar "non diminuíu, senón que máis ben aumentou nos últimos meses".


"UNHA DESVERGOÑA" O SALARIO DO PRESIDENTE


Aproveitando a presenza de Cuesta, CXT tamén lembra que é "indecente" que se fagan "recortes" no servizo postal público mentres recibe "o sétimo salario público máis elevado, superando os 178.000 euros". "Parécenos unha desvergoña nunha empresa que ten perdas de 32 millóns", contrapuxo.


Por último, avanzan que a organización esixirá "responsabilidades internas na dirección de zona" e que xa comunicou a situación á valedora para que estude "as posibles responsabilidades que poidan ter as persoas que decidiron contratar deste xeito irregular".

relacionada A pegada do franquismo pervive en dez edificios públicos de Santiago
relacionada Vía crucis reivindicativo en Santiago para denunciar a "indefensión" dos carteiros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE