O rural reclama axudas para as familias que non poden plantar patacas

En 31 concellos está en vigor a prohibición. O decreto contempla compensacións só a quen teña que levantar as xa plantadas e destruílas.


|

Patatasleira


A Federación Rural Galega (Fruga) pediu este luns á Xunta que poña en marcha axudas para todos os afectados polo impedimento de plantar patacas nas zonas infectadas pola couza guatemalteca.


A través dun comunicado, a organización agraria alude así ao real decreto publicado o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE) polo que se establece a prohibición de cultivar patacas en 31 concellos galegos e a obriga de desenterrar as xa sementadas.


Nese texto, segundo Fruga, indícase que só haberá axudas para aquelas persoas que teñan que levantar as xa plantadas e só pola destrución das mesmas.


Fronte a iso, pediu que se compense tanto a aqueles que plantan pataca para autoconsumo como a quen a cultiva dunha forma profesional para a súa venda a través dunha liña de axudas deseñada pola Consellería do Medio Rural.

relacionada O Goberno aproba estender cinco anos o plan para erradicar a praga da pataca
relacionada Con medidas estritas a praga da pataca erradicarase "nun ano"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE