Desde maio non se poderán alugar vivendas turísticas por habitación

A asociación do sector critica que a decisión "aboca a miles de familias a renunciar a uns ingresos complementarios indispensables".


|

Habitacionhotel


A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) criticou que o decreto da Xunta sobre este sector prohiba en Galicia o aluguer por habitación, actividade "legal" noutras comunidades.


Nun comunicado, a asociación lembra que o decreto publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 10 de decembro que regula os apartamentos turísticos, vivendas turísticas e de uso turístico prohibe esta practica baseándose na lei de arrendamentos urbanos.


"Miles de vivendas en Galicia, que se alugan por habitación, ben sexa individual ou compartida, xa non poderán seguir realizando esta actividade a partir do próximo 10 de maio, data de entrada en vigor do decreto", advirte Aviturga.


Neste sentido, a asociación asegura que "miles de familias" terá que "renunciar a uns ingresos complementarios indispensables" para a súa economía e recadados a través dun tipo de aloxamento cuxa demanda "cada vez é maior".


Precisamente, Aviturga explicou que, nos próximos días, responsables de Airbnb reuniranse con representantes da asociación para analizar o impacto deste decreto que "tanto prexudica a Galicia".


Aviturga xa avanzou que recorrerá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), unha norma que, segundo indicou, "aboca a miles de familias a renunciar a uns ingresos complementarios indispensables".

relacionada Feijóo e Noriega saen da súa reunión coas mesmas posturas separadas sobre a taxa turística compostelá
relacionada Todas as vivendas que se aluguen a turistas deberán estar rexistradas
relacionada Noriega confía en que "ninguén deixa de visitar" Santiago por unha taxa turística

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE