As tarxetas sanitarias galegas comezan a funcionar en farmacias doutras comunidades

Galicia incorpórase este luns á receita electrónica interoperable, activada de momento só en Canarias, Valencia, Estremadura e Navarra.


|

Farmacia


Os cidadáns galegos que se despracen a comunidades autónomas nas que a receita electrónica é interoperable (Canarias, Valencia, Estremadura e Navarra) poden xa recoller os medicamentos que lles prescribiran os médicos do Servizo Galego de Saúde só con presentar a súa tarxeta sanitaria.


Do mesmo xeito, a partir deste luns, desde as farmacias galegas poderán facer o mesmo, coas súas tarxetas sanitarias, os habitantes destas comunidades, segundo precisou o Goberno galego nun comunicado.


Durante os próximos meses, o servizo irase ampliando ao resto de España, a medida que se vaian incorporando o resto das comunidades autónomas á receita electrónica interoperable do Sistema Nacional de Saúde.


O obxectivo deste proxecto, coordinado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, é que os pacientes se poidan mover por todo o territorio nacional e obter os seus medicamentos en calquera oficina de farmacia, independentemente da comunidade onde fosen receitados.


Tampouco terán que preocuparse nas súas viaxes polas datas de dispensación nas que teñen que retirar a medicación nin acudir ao seu médico para que lles faga anticipos dos fármacos.


Galicia, subliñou a Xunta, foi pioneira na implantación da e-receita, e é a segunda comunidade con maior índice de prescrición electrónica de España, un 97,8 por cento, o que supón máis de cinco millóns de receitas ao mes.


O proxecto de receita electrónica do Sistema Nacional de Saúde desenvolveuse durante 2016 e comezou a súa fase de probas en setembro dese mesmo ano. Agora, o Ministerio acreditou o correcto funcionamento do sistema que permite a Galicia interoperar co resto das comunidades que están xa participando nel.

relacionada As vacinas contra a meninxite seguen chegando ás farmacias "a contagotas"
relacionada O PSdeG reclama a "supresión progresiva" do copago farmacéutico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE