O Concello de Santiago achega 200.000 euros para reformar o campo de fútbol da USC

A xunta local desta semana tamén aprobou as bases do X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados


|

O goberno compostelán vén de asinar un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago para a reforma do campo de fútbol situado no Campus Vida, a través do cal o concello se compromete a achegar 200.000 euros e a USC os 50.000 restantes.


O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, informou na mañá deste venres sobre os acordos alcanzados na xunta de goberno local, entre os que se atopa o acondicionamento do campo da USC, que actualmente é usado para a práctica de fútbol e rugby.


Así, o Concello de Santiago achegará 200.000 euros e a USC 50.000 para a reforma da instalación deportiva, que permitirá o uso "de maneira bonificada ao 100%" para os equipos federados de fútbol e rugby do municipio.


Ademais, a xunta local desta semana tamén aprobou as bases do X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado polo consistorio santiagués xunto á editorial Kalandraka dentro da XVII Campaña de Animación á Lectura. O premio deste certame está dotado con 9.000 euros.


Por outra banda, o Concello de Santiago anunciou o seu adhesión ao programa 'Platea', iniciativa promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.


A través deste convenio, o Teatro Principal e o Auditorio de Galicia pasan a formar parte desta rede de espazos culturais e artísticos para o 2017.


relacionada Santiago conmemora o Día da Muller cun histórico encontro de fútbol sala feminino
relacionada Máis dunha decena de graos da USC reducen as súas prazas para o próximo curso

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE