Obra Social 'La Caixa' e Viaqua celebran 10 anos promovendo a inclusión sociolaboral en Galicia

A través do programa 'Incorpora', a obra social facilitou 3.366 postos de traballo a persoas en risco de exclusión social, con ViAQUA  como empresa colaboradora de referencia en Galicia. 


|

Lacaixaviaqua


Incorpora, o programa de inserción laboral da Obra Social 'La Caixa', facilitou 3.366 postos de traballo a persoas en situación ou risco de exclusión social en Galicia no primeiros dez anos de traxectoria do proxecto.


No acto de celebración deste xoves tamén participou ViAQUA como empresa colaboradora de referencia na contratación e incorporación de persoas discapacitadas e en risco de exclusión social ao mercado laboral.


Marc Simón, director corporativo da área Social da Fundación Bancaria 'La Caixa', destaca sobre o programa cuxa posta en marcha se remonta a 2006: "O noso compromiso é seguir contribuíndo á plena inclusión social dos colectivos máis vulnerables e estamos convencidos de que o traballo é unha ferramenta indispensable para iso".


En 2016, Incorpora Galicia promoveu a contratación de 695 persoas en situación de vulnerabilidade. O programa diríxese especialmente a persoas con discapacidade, parados de longa duración, mozos con dificultades para acceder a un emprego, ex reclusos, vítimas de violencia de xénero e inmigrantes, entre outros colectivos.


María Lucía García Ferreiro, persoa con discapacidade, que seguiu un itinerario de inserción laboral a través do programa Incorpora, explica: "Levaba un ano e medio buscando traballo e para atopalo tiven as dificultades propias da conxuntura económica e o período de maternidade. Grazas a Incorpora, entrei en 2013 en Viaqua para cubrir vacacións ata que me ofreceron un posto indefinido. Agora teño un horario flexible por convenio que me permite a conciliación familiar. Para min, o traballo é un alicerce fundamental pola riqueza intelectual e social que me achega".


Julio Masid, director de Viaqua, empresa colaboradora de Incorpora Galicia, asegura: "Cogami, a entidade a través da que nos chegan os profesionais de Incorpora, coñece ben a nosa compañía e as persoas que nos envía sempre son muy axustadas aos perfís. O valor engadido que ten o programa é que incorpora a persoas que doutra maneira poderían quedar fóra ou terían máis difícil o acceso aos nosos procesos de selección, profesionais que doutra banda achegan un gran valor á empresa e por tanto á sociedade".


Ademais, no marco da celebración dos dez primeiros anos do proxecto da Obra Social 'La Caixa', esta tarde celebrarase un acto na Cidade da Cultura de Santiago que recoñecerá a todas as empresas, organizacións e institucións que forman parte da ampla rede Incorpora e que contribúen a construír unha sociedade máis xusta, solidaria e cohesionada

relacionada Catro alumnas de Santiago gañan o III Certame 'Relatos de Auga Intelixente'
relacionada A Obra Social La Caixa aumenta o seu orzamento ata 510 millóns en 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE