A economía galega creceu en 2016 unha décima menos que a media española

Aínda así, a alza do 3,1% supera a previsión do 2,5%. Entre os sectores produtivos, o primario foi o que rexistrou un peor comportamento.


|

Billetesdineroeconomia


No conxunto do ano pasado, o aumento do produto interior bruto (PIB) galego foi do 3,1%, unha décima inferior ao rexistrado pola media estatal, segundo reflicten os datos de contabilidade trimestral que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).


A Xunta destaca, a través dun comunicado de prensa emitido pola Consellería de Facenda, que este 3,1% é "o seu mellor resultado do últimos nove anos", e supera "amplamente" a previsión do 2,5% que estableceu o Goberno galego nos orzamentos da comunidade para 2016.


No cuarto trimestre, destaca, o PIB mantivo "un forte ritmo de crecemento" ao rexistrar un repunte do 0,8% sobre o trimestre anterior.


TRES ALICERCES


O departamento de Valeriano Martínez resalta que o "bo comportamento" da economía galega o pasado exercicio baseouse "en tres alicerces", polos resultados positivos de todos os sectores, o incremento do consumo dos fogares e das administracións e a "excepcional" evolución das exportacións de bens e servizos.


Así, por sectores, todas as áreas de actividade rexistraron en 2016 unha evolución positiva. O sector servizos avanzou un 3,3% cunha evolución destacada da rama de comercio, transporte e hostalería, que crece un 6,9%.


A construción tamén creceu por encima do 3% --un 3,1%-- e a industria mantivo a súa liña positiva e creceu un 2,5%, cunha evolución mellor na industria manufactureira, do 3,5%. O sector primario subiu un 0,9% en taxa interanual.


EXPORTACIÓNS


En canto á demanda, o gasto en consumo final aumentou o pasado ano un 2,5%, tres décimas máis que en 2015. Neste apartado inclúese o gasto dos fogares e das institucións sen fins lucrativos, que aumentou un 2,6%, e o gasto en consumo final das administracións públicas, que tamén mellorou respecto de 2015 e creceu un 2,3%.


Os datos do IGE recollen ese comportamento "excepcional", en palabras de Facenda, das exportacións de bens e servizos, que se incrementaron en 2016 un 5,5%, 1,3 puntos máis.


"Foi clave o récord de comercio exterior que alcanzou Galicia ao superar por primeira vez a barreira dos 20.000 millóns de euros de mercadorías vendidas ao estranxeiro", subliña.


O crecemento económico rexistrado en 2016 supuxo que o emprego a tempo completo aumentou un 2,3%, o que permitiu crear máis de 22.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo, o maior incremento desde 2007.

relacionada O PIB creceu catro décimas menos en 2016 polo aumento da incerteza
relacionada A economía española creceu un 3,2% en 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE