A Xunta abre o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal

O prazo permanecerá aberto desde o 1 de marzo ata o próximo 15 de xullo para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos.


|

Papeleofuncionarios


A Xunta de Galicia abre este mércores o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá inscribirse nas bolsas para o nomeamento de funcionarios interinos e contratación de persoal laboral temporal da Xunta.


Segundo informou a Xunta, o prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 1 de marzo ata o próximo 15 de xullo, segundo recolle a resolución da Dirección Xeral de Función Pública. Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos.


O número de listas que estarán abertas á inscrición é de 21. Delas, 10 listas son para traballar como funcionario interino e outras 11 para traballar como contratado laboral. Respecto a 2016, ábrense sete listas, catro de funcionarios interinos e tres de laborais.


Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse a estas listas de emprego temporal deberán presentar a instancia que se pode descargar na web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado de Listas de Contratación. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é necesario que se anoten de novo.


Entre as listas abertas están as de enxeñeiros; veterinarios; profesores numerarios; titulado superior médico; ATS, enfermeiro; auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermería; intérprete de linguaxe de signos; ou oficial 1º de cociña.


Ademais, o Diario Oficial de Galicia tamén publica este martes a actualización provisional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego temporal da Administración galega. A Xunta actualiza así os méritos adquiridos ao longo de 2016 polas persoas que xa integran as distintas listas.


En todo caso, desde este mércores ábrese un prazo de dez días hábiles para que as persoas interesadas poidan presentar reclamacións e achegar a documentación xustificativa.

relacionada A Xunta convoca 50 prazas para a formación de docentes
relacionada O PSdeG urxe convocar oposicións docentes coa taxa de reposición de 2016
relacionada Galicia podería sacar 1.600 prazas en sanidade en 2017 se PP e PSOE "pactan" ampliar a OPE

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE