Piden a Carmena que "evite" a multa ás mulleres de 'Ve-la luz' acampadas en Sol

Os socialistas madrileños piden que a alcaldesa retire dúas sancións interpostas os días 24 e 25 de febreiro cando, coincidindo co mal tempo, o grupo despregou unha carpa. 


|

Velaluzmadridsolcarmena


A portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Madrid, Purificación Causapié, pediu este martes ao Consistorio que "evite" multar ás mulleres acampadas na Porta do Sol en contra da violencia de xénero.


"Pediría ao Concello que fixese o seu traballo e evitase este tipo de multas e de penalización ás mulleres", afirmou Causapié ante os medios de comunicación.


A Policía Municipal de Madrid interpuxo dúas denuncias contra as activistas da asociación 'Ve-la luz' en folga de fame contra a violencia machista por despregar unha carpa na Porta do Sol sen ter permiso para iso, o que supón unha vulneración da ordenanza que regula o espazo público.


Trátase de dúas sancións interpostas os días 24 e 25 de febreiro cando, coincidindo co mal tempo, o grupo de activistas despregou unha carpa, algo que non está no permiso de ocupación dado pola Xunta Municipal do distrito Centro e que consistía nunha mesa informativa pero non recollía o despregamento desa carpa.


"A Policía Municipal fai o seu traballo, pero pedín ao equipo de Goberno que fagan o seu, e que dialoguen e busquen maneiras de que estas mulleres que loitan contra a violencia de xénero non sexan castigadas, vitimizadas por protestar por un dereito fundamental", explicou a portavoz socialista.


Respecto de se queren que esta multa se retire, Causapié asegurou que "por suposto", pero que "outra cousa é que sexa posible". "Entendemos que a Policía Municipal actuaba correctamente, pero apéname que se chegara a esta situación", concluíu.

relacionada Tres galegas acampan en Sol e inician unha folga de fame contra a violencia machista
relacionada Multan por protestar en Sol ás mulleres de Ve-la Luz en folga de fame

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE