Sete empresas pugnan por elaborar os estudos previos da futura intermodal de Lugo

Estas análises do encaixe dos autobuses estarán finalizadas no verán, para que a principios de 2018 poidan estar definidas as necesidades relacionadas co tráfico e a contorna.


|

Paradaautobus


Un total de sete empresas presentaron as súas ofertas para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo.


En concreto, a Xunta inviste, tal e como relatou nun comunicado, uns 75.000 euros nestas análises, que estarán finalizadas, precisou, no verán.


Por iso, explicou que a principios de 2018 xa estarían definidas as necesidades para comezar a elaborar o seu encaixe arquitectónico e administrativo.


Estes estudos, relatou o Goberno galego, definen as necesidades actuais e futuras da terminal de autobuses incardinada na estación intermodal de Lugo.


As accións comezarán pola localización, analizando os terreos e espazos anexos á actual estación de ferrocarrís e realizando un levantamento topográfico, segundo sinalou a Administración autonómica.


CUANTIFICACIÓN DAS DÁRSENAS


A continuación, indicou, pasarase ao estudo de necesidades, coa cuantificación das dársenas, os servizos para prestar, as plataformas necesarias e os espazos para a maniobrabilidade dos autobuses e aparcadoiro de turismos.


Para levar a cabo estas análises, subliñou a Xunta, atenderase á normativa vixente, ao contrato de concesión da actual estación de autobuses e analizaranse as empresas, buses, liñas, horarios, tempos e frecuencias actuais.


Ademais, proseguiu o Goberno galego, consideraranse diferentes hipóteses, como horas punta, e preverase unha maior capacidade, considerando futuros incrementos de demanda. Tamén se analizará, agregou, o impacto sobre a contorna e a poboación da área metropolitana: número actual e futuro de usuarios, pautas de mobilidade ou perspectivas de usos futuros.


ITINERARIOS DE PENETRACIÓN


A última fase do estudo comprenderá a avaliación das liñas, o viario e o tráfico, cunha proposta de itinerarios de penetración e puntos de parada dentro do termo municipal, cunha análise de tempos e planos de cada proposta de reordenación de liñas.


Estes traballos, precisou a Xunta, contemplarán un estudo de capacidade do viario nas proximidades da intermodal, así como unha análise da súa incidencia sobre o tráfico no centro urbano, considerando a reordenación de liñas e o aumento da circulación de autobuses interurbanos e urbanos, con alternativas de percorrido se fosen precisas.

relacionada Adif rehabilitará a cuberta histórica da estación da Coruña
relacionada A construción da intermodal de Ourense xa ten datas "concretas"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE