Continúa a procura do home desaparecido en Ferrol tras saír pescar

O operativo céntrase na contorna de Cabo Prioriño e nas proximidades do porto exterior


|

Riaferrol


Co arranque do día renováronse os labores de procura para localizar un home de 68 anos desparecido desde o xoves en Ferrol, tras saír pescar.


O operativo, que se centra na contorna de Cabo Prioriño e nas proximidades do porto exterior, está coordinado por Salvamento Marítimo e nel participan embarcacións por mar, helicópteros de rescate e efectivos de Protección Civil, Garda Civil e Bombeiros por terra.


Veciños do home, orixinario de Fene, deron a voz de alarma ao CAE-112 Galicia sobre as 12,40 horas deste venres, cando constataron que o home non volvera de pescar --unha actividade que fora a realizar o xoves--. O seu vehículo e o útiles de pesca foron localizados en Cabo Prior.

relacionada Levan a países do Leste carteis de procura de Diana Quer
relacionada O pai de Iván Durán: "Quedei só, sen a miña sombra, o meu amigo, cómplice, o meu gran fillo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE