O Celta sofre ata o final para conseguir o pase a oitavos

(0-2). Iago Aspas transformou un penalti que non era cumprido o tempo regulamentario e Cabral marcou o gol da clasificación na prórroga.


|

GuidetticelebracionOs celestes estarán no bombo de oitavos. //Fonte: RC Celta


O Celta consegue a remontada na Ucraína para pasar a oitavos da Europa League e deixar no camiño ao Shakhtar Donetsk. Os de Berizzo non perderon a fe e co tempo regulamentario cumprido Iago Aspas puxo o 0-1 desde o punto de penalti que lles serviu para ir á prórroga. Nesa segunda parte, Cabral marcou o tanto da clasificación.


O partido foi de ida e volta, dos que gustan aos afeccionados imparciais, pero que fai sufrir aos seguidores, pois foi intenso e con opcións para os dous equipos. Celta e Shakhtar tuteáronse durante os noventa minutos nun partido no que os dous porteiros tiveron un protagonismo destacado, asinando ambos un repertorio espectacular de paradas.


Aspas monopolizou as ocasións de perigo celestes, pero topou cun inmenso Pyatov baixo paus. O mesmo sucedeu na área viguesa. Sergio bloqueou unha tras outra cada arremetida do Shakhtar. Tras o descanso o cadro ucraíno dominou e apertou. O paso dos minutos devolveu a igualdade e, mediada a segunda parte, os de Berizzo tiveron dúas das súas mellores oportunidades, ambas nas botas de Aspas.


O Celta fíxose forte no últimos dez minutos para dominar o choque e tivo recompensa. Co tempo regulamentario xa cumprido, Guidetti caeu na área. Non era penalti, pero o árbitro sinalou a pena máxima e Iago Aspas non fallou. O Celta empataba a eliminatoria sobre a bucina.


Na prórroga máis batalla. Na segunda parte Jozabed botou un saque de esquina que caeu como unha luva na cabeza de Cabral, no primeiro pau. O cabezazo do arxentino coou no fondo da rede para alegría de todo o celtismo.


Este mediodía o Celta está no bombo de oitavos de final da Europa League para seguir soñando.


FICHA TÉCNICA


0-SHAKHTAR: Pyatov, Srna, Ordets, Rakitskyy, Ismaily, Fred, Malyshev, Marlos, Kovalenko (Stepanenko, min.72), Taison (Bernard, min.82), Blanco, Leschuk.


2-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Roncaglia (Jozabed, min.58), Wass (Bongonda, min.80), Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto (Rossi, min.84), Guidetti.


Goles: Iago Aspas, 0-1, min.91 (de penalti); Cabral, 0-2, min.108.

relacionada Noventa minutos para non espertar do soño europeo
relacionada Temperaturas baixo cero para tentar a remontada na Ucraína

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE