O prezo do aluguer baixa un 0,8% en Galicia neste mes de xaneiro

Alcanza un valor de 5,48 euros por metro cadrado ao mes, un 27,9% por baixo da media de España. 


|

Gruascasasconstruccionhipotecas


O prezo medio da vivenda en aluguer en Galicia descendeu un 0,8% en xaneiro e alcanza un valor de 5,48 euros por metro cadrado ao mes, segundo datos do portal inmobiliario fotocasa. Este valor sitúase un 27,9% por baixo da media de España, que en xaneiro é de 7,61 euros por metro cadrado ao mes.


En canto ao ránking de comunidades autónomas co prezo medio da vivenda en aluguer máis baixo en xaneiro, Galicia ocupa a quinta posición, é dicir, o aluguer soamente é máis económico en Estremadura, Castela A Mancha, A Rioxa e Murcia.


Galicia rexistrou o seu máximo histórico no prezo da vivenda de aluguer en xullo de 2008, data na que alcanzou un valor de 7,39 euros por metro cadrado ao mes. Desde entón acumulou un descenso dun 25,8%.


Segundo os datos analizados por fotocasa, só unha provincia galega experimenta un incremento no prezo do aluguer durante o mes de xaneiro. Trátase de Lugo cun 0,3%. En Ourense descende o prezo un 0,7%, mentres que na Coruña e en Pontevedra faino un 0,8%.


relacionada En Marea propón recargas no IBI aos pisos baleiros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE