A Xunta convoca 50 prazas para a formación de docentes

Poderanse realizar os períodos formativos en empresas ou institucións desde o 17 de abril ata o 8 de setembro de 2017.


|

Profesoraulaalumnos


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a convocatoria anual de estancias formativas en empresas ou institucións para o ano 2017, destinadas ao funcionariado docente non universitario.


Segundo informou a Xunta, en total ofértanse 50 prazas dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas aos ensinos de formación profesional dos sistemas educativos, así como ás das artes plásticas e o deseño.


O prazo para realizar a preinscrición termina o 6 de marzo. A información da convocatoria pode consultarse na ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/estadias-formativas-en-empresa.


O pasado ano 2016 participaron un total de 52 profesores, que desenvolveron unha estancia formativa, 15 correspondentes á modalidade A, 24 á modalidade B1 e 13 á modalidade B2.


A oferta estrutúrase en tres modalidades. Na primeira delas, que conta con 20 prazas, as estancias desenvolveranse nas empresas ou institucións que se relacionan na propia convocatoria. No caso da modalidade B1, con 20 prazas, as estancias realizaranse en empresas, situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, propostas pola persoa interesada; mentres que na modalidade B2 --10 prazas-- desenvolveranse en empresas tamén propostas polo docentes pero situadas no resto do Estado ou en países da Unión Europea.


Con carácter xeral, poderanse realizar os períodos formativos en empresas ou institucións desde o 17 de abril ata o 8 de setembro de 2017. A duración de cada estancia será como mínimo de 40 horas e como máximo de 160 horas.

relacionada Educación convocará prazas en 25 especialidades de docencia
relacionada Este ano sairán 1.000 prazas de profesores, o 100% de reposición
relacionada Ser profesor, o traballo máis ilusionante para os galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE