Chapela concéntrase en repulsa polo crime machista

Unha amiga próxima revela que a muller superara un cancro. Este mércores hai convocadas mobilizacións nunha ducia de localidades.


|

Concentracion chapela


Centos de persoas concentráronse por segunda vez en Redondela, neste caso na parroquia de Chapela, con motivo do suposto crime machista provocado pola ex parella da vítima, que presuntamente fixo estourar a vivenda.


Esta convocatoria, difundida de forma "espontánea" a través das redes sociais, tivo lugar na Alameda de Chapela, onde se congregaron familiares da falecida, veciños e algúns concelleiros para expresar a repulsa de todo o pobo ao ocorrido e a este tipo de sucesos, pois vincúlase a un novo caso de violencia machista.


Achegados da muller, María José M.G., de 50 anos de idade, leron unhas palabras durante o acto e pediron "que se faga Xustiza"; tras o que unha amiga próxima trasladou a Europa Press que a muller, á que definiu como unha "moi boa persoa", superara un cancro e era "feliz" coa súa nova parella. "Todos quedamos orfos", lamentou.


OUTRAS MOBILIZACIÓNS


Na mañá do martes, corporativos e funcionarios do Concello de Redondela, así como veciños da localidade, concentráronse ante o consistorio para mostrar o seu rexeitamento á violencia machista, e para trasladar o seu apoio "a todas as vítimas de violencia de xénero".


Ademais, celebráronse concentracións en Vigo e ante a Deputación de Pontevedra, tamén houbo unha concentración silenciosa na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, e gardouse un minuto de silencio no Parlamento de Galicia.


Así mesmo, este mércores o Goberno da Coruña convocou unha concentración ante o Pazo de María Pita, e a Marcha Mundial das Mulleres organizou mobilizacións ás oito da tarde nunha ducia de localidades.

relacionada O autor da detonación de Redondela "tiña todo preparado para a explosión mortal"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE