Queremos Galego Marín organiza unha charla sobre o galego estremeño do Val do Ellas

Presentaranse dous traballos do investigador da UVigo Xosé Henrique Costas, unha sobre as falas do Val do Ellas, e outra sobre xentilicios


|

SanmartindetrevejoSan Martín de Trevejo, un dos pobos onde se fala a fala // Pueblosconencanto.net 


A Asociación Queremos Galego de Marín organizará o vindeiro venres, día 24 de febreiro, no Museo Manuel Torres da localidade, unha conferencia sobre as 'falas' de orixe galega no Val do Ellas, en Cáceres, e sobre os xentilicios galegos.


A asociación aproveitará esta ocasión para presentar os dous últimos traballos de investigación do filólogo, investigador e profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas.


O primeiro dos libros, 'O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas', é o resultado de 20 anos de visitas do autor á zona para recoller material en forma de artigos para debullar, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona.


Ademais, tamén analiza a situación sociolingüística e a "urxente necesidade" de codificación destas 'falas' para as que propón unha solución "á galega".


O segundo dos libros, 'Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega', é un estudo no que o autor analiza como moitos medios de comunicación "inventan xentilicios" e como estes calan na sociedade ao non existir xentilicios derivados do topónimo no 90% dos lugares de Galicia.

relacionada Helena Villar e Xesús Rábade disertan en Santiago sobre 'Lingua materna e globalización'
relacionada A AELG conmemora por adiantado o 'Día de Rosalía' no Panteón de Galegos Ilustres
relacionada O PSOE propón unha lei para normalizar as linguas cooficiais na Administración estatal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE