As exportacións galegas superan por primeira os 20.000 millóns

Galicia asina o seu mellor ciclo ao lograr que o últimos catro anos sexan os de maiores vendas ao exterior da comunidade. 


|

Barcopalletsexportacion


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que a aposta pola innovación e por o talento das empresas galegas é "a clave" do novo récord histórico das exportacións da comunidade en 2016.


Así, valorou que o esforzo do tecido empresarial galego permitiu mellorar nun 6,4% o rexistro de 2015, superando por primeira vez os 20.000 millóns de euros exportados.


Segundo os datos publicados este luns polo Ministerio de Economía e Competitividade, o crecemento das exportacións galegas en 2016 con respecto a 2015 multiplica case por catro ao do conxunto de España (1,7%). Ademais, Galicia sitúase como a terceira comunidade cun maior crecemento porcentual do ano.


Con estas cifras, Galicia asina o seu mellor ciclo exportador, ao lograr que o últimos catro anos sexan os de maiores vendas ao exterior da historia da comunidade.


Conde resaltou que o labor das empresas galegas conta co respaldo da Xunta a través da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020.


O conselleiro, ademais, chamou a atención sobre que desde 2009 a Xunta aposta "de forma clara" polos mercados exteriores como un dos motores da recuperación económica "que xa está a experimentar Galicia".


Así, apuntou que a internacionalización e a innovación son claves para a competitividade da economía galega "e a creación de emprego de calidade". Desde 2009, as exportacións subiron máis dun 43%, e a balanza comercial galega de 2016, a mellor da historia en termos absolutos, multiplica por cinco a de 2009.


DIVERSIFICACIÓN DE MERCADOS


No tocante ao destino das exportacións galegas, os tres primeiros mercados de destino son Francia, cun 19,2% do total, Portugal, cun 12,7% e Reino Unido, cun 7,9%.


Destacan os crecementos que experimentan mercados como Alemaña, que en 2016 foi o destino dun 7% das exportacións galegas, e cara a onde se exportou o ano pasado un 42% máis que en 2015, e Reino Unido, onde se exportou un 43,6% máis.


A aposta das empresas galegas por diversificar os mercados onde exportan os seus produtos permitiu ademais que se incrementasen nun 9,4% as exportacións a Asia, que supón xa o 5,2% do total das exportacións galegas, destacando a subida das vendas á India e a Xapón.


SECTORES ESTRATÉXICOS


Nos bos resultados das exportacións galegas xogaron "un importante papel" os principais sectores estratéxicos da economía, segundo indica a Xunta.


Así, as vendas ao exterior do sector téxtil rexistraron unha subida do 17,9%, mentres que a venda de material de transporte (automóbiles, barcos e aeronaves) experimentou un incremento do 7,2%.

relacionada A eurozona crece máis que EEUU por primeira vez desde a 'Gran Recesión'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE