A familia de Iván Durán afirma que o corpo achado é o do mozo

Á espera dos resultados da autopisia, SOS Desaparecidos desactivou a alerta. Xunto ao cadáver atopouse unha mochila e unha pistola.


|

Ivanduranbaiona


Varios indicios apuntan a que o cadáver achado este sábado nunha zona de monte na localidade pontevedresa de Baiona pertence a Iván Durán Valverde, o mozo de 30 anos desaparecido o pasado mes de agosto neste municipio costeiro.


Segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación, preto do corpo foron achadas tanto unha mochila como unha pistola. De feito, o achado desta última reforza a hipótese de que o mozo se puido quitar a vida.


Dentro da mochila, precisaron as mesmas fontes, atopáronse unhas lentes --todo apunta a que poderían pertencer ao mozo-- e unha bala sen percutir. A isto súmase a proximidade da vivenda do novo ao lugar onde foi achado o cadáver e as dimensións deste.


Con todo, a pesar destes indicios, aínda non se coñecen os resultados das probas de ADN nin da autopsia practicada ao corpo, que foi atopado en avanzado estado de descomposición.


Con todo, o pai de Iván, Juan Durán, asegurou, en declaracións a Europa Press, que o corpo atopado este sábado en Baiona pertence ao seu fillo, quen desapareceu o pasado mes de agosto.


Tamén SOS Desaparecidos dá por desactivada a alerta sobre o mozo.


"A XUSTIZA ABANDONOUNOS"


Juan Durán criticou a falta de medios para buscar o seu fillo, quen desapareceu, aproximadamente, nas mesmas datas que Diana Quer. De feito, denunciou hai meses que, aínda que ambas as desaparicións "deberían ter a mesma difusión en televisión", a de Iván Durán non a estaba tendo. "A xustiza abandonounos", denunciou este domingo o pai do mozo.


Foi un sendeirista quen atopou este sábado pola tarde un cadáver en avanzado estado de descomposición nunha zona de monte do municipio pontevedrés de Baiona.


Segundo indicaron fontes da investigación, o corpo foi achado nas proximidades do cuartel da Garda Civil de Baiona, concretamente pola parte de arriba.

relacionada Sospeitan que o cadáver atopado en Baiona é o de Iván Durán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE