Sarria paga as nóminas e facturas que debía por estar sen tesoureiro

O concello, que suspendera pagos, acumulou uns 900.000 euros pendentes que estes días se foron abonando.


|

Pilarlopezyaezsarria


A alcaldesa de Sarria, a socialista Pilar López, confirmou que nestes días se abonaron das arcas municipais sobre "900.000 euros" de nóminas e facturas, despois de que se desbloquease a suspensión de pagos por carecer de tesoureiro habilitado.


Esta situación provocou que se pensase en que os bancos adiantasen esas nóminas aos case noventa funcionarios ao non poder realizarse ningunha operación por non dispoñerse desa praza de tesoureiro.


Pilar López concretou que, ademais de pagar as nóminas, ese desembolso, tamén serviu para pagar distintas "facturas" correspondentes aos meses de novembro e decembro.


Nun pleno no Concello, o mes pasado acordouse crear esa praza. A alcaldesa lembrou que "o luns acaba o prazo de exposición publica no DOG e agora a Dirección Xeral ten que clasificala, dependendo da categoría do Concello".


"Ata que non estea clasificada non se pode buscar tesoureiro habilitado. Contamos que, sobre un mes (para dispoñer de tesoureiro), aínda que podemos seguir co tesoureiro co que traballamos agora, que é unha funcionaria, despois da circular que enviou a Dirección Xeral do Ministerio (de Economía)", segundo puntualizou.

relacionada O Concello de Sarria non pagou a nómina de xaneiro aos seus 90 traballadores por carecer de tesoureiro
relacionada A Deputación da Coruña pide marxe para evitar un caos pola falta de tesoureiros
relacionada O concello de Sarria suspende pagos a provedores e empregados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE