Catro anos de prisión para un ourensán que tiña un arsenal de armas na súa casa

O acusado viu atenuada a súa pena ao admitir que gardaba 19 armas de fogo, algunhas de guerra, catro puñais e máis de 1.900 cartuchos.


|

Pistolaarmaalvedro


A Audiencia Provincial de Ourense condenou un home a catro anos de prisión por un delito de depósito de armas de guerra na súa casa de Listanco (Ourense). Á hora de fixar a pena, o tribunal tivo en conta a circunstancia agravante de reincidencia e a atenuante de confesar a infracción ás autoridades.


Nun primeiro momento o fiscal reclamaba para o acusado oito anos de prisión, pero rebaixou a pena á metade despois de que o acusado, Carlos Antonio M. recoñecese no xuízo gardar na súa casa 19 armas de fogo, algunhas delas de guerra, catro puñais e máis de 1.900 cartuchos.


Para a sala quedou probado que o acusado "carecía de licenza para o uso de todas as armas" e tampouco posuía guía de pertenza nin libro de coleccionista, "a pesar de saber perfectamente que é necesaria tal licenza e guía, ou libro de coleccionista para a súa tenencia".


Ademais da pena de prisión, a sentenza condénalle á privación do dereito á tenencia e porte de armas por un tempo de sete anos.

relacionada Prisión provisional para unha anarquista detida en Vigo por tenencia ilícita de armas
relacionada Neutralizado un proxectil militar atopado nunha vivenda en Ponteareas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE