A USC exhibirá este mes os seus desenvolvementos para vehículos aéreos non tripulados

O 24 celebra un encontro con empresas e institucións para mostrar solucións tecnolóxicas de "alto nivel".


|

Dron


O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) organiza unha xornada para o 24 de febreiro en Santiago co fin de presentar a empresas e institucións as tecnoloxías desenvolvidas no centro no campo dos vehículos aéreos non tripulados ou 'UAVs'.


O encontro monográfico de demostración tecnolóxica 'UAVlab' terá lugar no CiTIUS en Santiago de Compostela entre as 10,00 e as 14,00 horas do día 24.


Segundo avanza o centro, "seguindo o ronsel das recentes edicións da iniciativa Inside The Lab", a xornada de portas abertas á industria que ao longo dos dous últimos anos atraeu ao centro numerosos actores da contorna científica-tecnolóxica, esta nova proposta "pretende agora poñer o foco sobre un ámbito de crecente interese e máxima actualidade social".


Entre as tecnoloxías exhibidas en 'UAVlab', os visitantes poderán asistir a demostracións de solucións deseñadas para a pilotaxe autónoma de 'UAVs' mediante visión artificial, a reconstrución 3D da contorna a partir de imaxes, ou a identificación de superficies a partir de imaxes hiperespectrais ('LiDAR'), entre outras.


Todas as solucións mostradas nesta xornada teñen, segundo destaca o CiTIUS, "o seu fundamento en resultados de investigación punteiros ao máis alto nivel, situándose nalgúns casos como os mellores do mundo".


Para participar nesta xornada, só é necesario cubrir o formulario publicado na web do evento. A inscrición permanecerá aberta ata o día 22 de febreiro.

relacionada Os alumnos da USC gradúanse con notas superiores á media galega e española
relacionada Viaqua premiará os mellores traballos do Máster en Enxeñaría Ambiental da USC
relacionada ​Os alumnos da USC valoran cun oito sobre dez a "satisfacción coa docencia"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE