Catro anos máis de marxe para regularizar os socorristas en Galicia

Tralos problemas para cubrir as necesidades das praias en 2016, a Xunta relaxa os requisitos para poder traballar.


|

Socorristatorre


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este martes a ampliación do período transitorio para adaptarse ao decreto que obriga aos socorristas galegos a dotarse dun certificado de profesionalidade (en vigor desde de 2012), o que permitirá aos inscritos no rexistro galego poder traballar sen este requisito específico catro anos máis.


En declaracións aos medios, antes de reunirse con varios colectivos implicados, Rueda explicou que no rexistro galego hai 4.000 profesionais computados, aos que se irán incorporando quen decidiu obter o certificado de profesionalidade.


Ademais, como novidade, avanzou que este ano "mediante un pequeno curso ponte", todos os titulados en INEF e técnico de actividades deportivas poderán exercer tamén como socorristas, o que sumaría outros 500 profesionais potenciais.


"O ano pasado tivemos certos problemas, que tentamos solucionar este ano sen renunciar ao fundamental: a seguridade da xente", subliñou Rueda, quen garantiu, ao tempo, que se continuarán promocionando os cursos para obter os certificados de profesionalidade.


PROBLEMAS EN 2016


O verán de 2016 foron significados os problemas para cubrir as prazas de socorristas nos areais galegos. De feito, a Federación de Salvamento e Socorrismo chegou a vincular o aumento de afogados na época estival pasada (un 20% máis que en 2015 con datos de agosto) á falta de persoal deste colectivo.


Neste sentido, a presidenta da federación en Galicia, Nuria Rodríguez, sostivo que había un nexo causal entre a falta de prazas e a esixencia de formación desde a aprobación en 2012 do decreto que obriga a adquirir un certificado oficial de formación. Así mesmo, asegurou, entón, que se necesitaban máis axudas para que os mozos se vexan atraídos por uns cursos que son "moi caros e necesitan moitas horas de formación".

relacionada ​A Deputación da Coruña formará 90 socorristas para solucionar as carencias nas praias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE