Os traballadores anti incendios fixos descontinuos reincorpóranse a partir do 1 de marzo

A reincorporación destes 621 brigadistas xa foi trasladada aos seus representantes sindicais | Estes bombeiros forestais permanecen activos durante un período de nove meses


|

Brifbombeirosforestais


Os traballadores fixo descontinuos do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta volverán ao servizo activo a partir do próximo 1 de marzo co obxectivo de "reforzar os traballos de prevención" antes de iniciarse "a precampaña da primavera".


Diso informou este sábado a Consellería do Medio Rural a través dun comunicado no que engade que a reincorporación destes 621 brigadistas xa foi trasladada aos seus representantes sindicais.


Estes bombeiros forestais permanecen activos durante un período de nove meses e pertencen ás categorías de "xefes de brigada, peóns, peóns condutores, oficiais de defensa contra incendios, condutores de motobomba, emisoristas e vixiantes".


Segundo lembra a Xunta, esta medida "adóptase todos os anos antes da chegada da primavera, de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas presentes e previstas".

relacionada O PP rexeita ampliar os contratos de tres a nove meses aos traballadores antiincendios
relacionada Galicia non está equipada para a desestacionalización do lume

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE