Activado en Ourense o aviso por nevadas

A cota está nos 700-900 metros. A fachada atlántica mantén o risco por ondas de ata 6 metros, e espéranse refachos de vento forte.


|

Nievenevada


Un total de sete provincias teñen activado este venres aviso de risco (amarelo) por nevadas ou de risco forte (laranxa) por forte ondada, segundo avisa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).


Así, o risco importante afectará ás costas da Coruña e Pontevedra, onde chegará mar combinado do oeste con ondas de 5 a 6 metros de altura. Mentres, as nevadas terán en risco a Ourense e outras cinco provincias españolas: Zamora, Salamanca, Cáceres, Ávila e Granada.


Este venres, a choiva pode vir acompañada de tormentas ocasionais no sur e oeste de Galicia. Mentres, a partir dos 700-900 metros espérase que as precipitacións sexan en forma de neve.


En canto ás temperaturas, descenden durante o día, pero pola noite subirán con respecto ao xoves. O vento é de compoñente sur na nosa comunidade, con intervalos fortes no litoral, acompañando o complicado estado do mar.


Todo isto é consecuencia dunha "ampla" borrasca que está situada sobre o Atlántico, ao noroeste de Galicia, que se irá desplanzando durante este día cara ao sur e permanecerá toda a fin de semana entre Canarias e Portugal, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía.


A Aemet considera que, aínda que aínda hai incerteza, é probable que a borrasca se desprace cara ao norte o luns, cando tenderá a debilitarse, de forma que as precipitacións e vento asociados diminuirán progresivamente.

relacionada A Xunta destinará 5 millóns de euros a reparar os danos do temporal
relacionada Todos os fogares galegos recuperaron a subministración eléctrica

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE