"Non se debe deixar caer o construído" en Europa por culpa do Brexit

Cidades do Arco Atlántico debaten hoxe na Coruña os seus desafíos e "oportunidades" de participación na política comunitaria.


|


AlainCadec

Alain Cade, europarlamentario. //Foto: @AlainCadec


Cidades do Arco Atlántico reclamaron "maior peso" na política comunitaria, na inauguración da xornada 'Desafíos das cidades atlánticas na véspera do Brexit', organizada na Coruña polo Concello, a Conferencia de Cidades do Arco Atlántico e o Comité de Rexións da Comisión Europea.


A inauguración contou coa presenza do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quen, coma o seu homólogo do municipio portugués de Viana do Castelo, José María Da Cunha Costa, apelaron á "coordinación" entre estas cidades.


Da Cunha asegurou que a política de transporte ou os fondos de cohesión son dúas cuestións que poden "modificarse" polos cambios que introducirá o Brexit. Con todo, dixo que debe servir tamén para que as cidades do Arco Atlántico teñan "un maior peso" nas decisións comunitarias.


SINERXIAS


Na mesma liña, insistiu en que estes municipios deben de ser "aliados" e "traballar xuntos" en cuestións como a Axenda Urbana Europea. Mentres, defendeu a necesidade de crear "sinerxias" entre os portos e as cidades reclamando, ao mesmo tempo, investimento público nos espazos portuarios.


Pola súa banda, o alcalde da Coruña defendeu que a estratexia pasa por impulsar "un modelo cooperativo". Especialmente, incidiu en cuestións que se abordarán neste encontro como "a auga como dereito e factor de desenvolvemento sustentable ou a participación cidadá", citou como exemplos.


Na mesma liña, o membro do Parlamento europeo Alain Cadec, que interveu a través dun vídeo, defendeu "poñer en valor" as cidades atlánticas e non reducir estas á "dimensión marítima". Por outra banda, sinalou que, polo Brexit, non se debe "deixar caer o construído" en Europa. "Hai que transformar ese desafío en oportunidade".


Tras a inauguración, entregouse a Las Palmas de Gran Canaria o premio á Cidade Atlántica deste ano. Posteriormente, terán lugar varias conferencias sobre cuestións como o desenvolvemento urbano sustentable. Nela, intervirán, entre outros, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Mao.

relacionada Eixo Atlántico pide por carta a Feijóo que "faga valer o seu peso"
relacionada Eixo Atlántico pide dotar a eurorrexión dunha autoestrada ferroviaria do século XXI

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE