O PSOE de Ourense alerta de actuacións clientelares no Concello

Acusan ao alcalde, o popular Jesús Vázquez, de "recuperar a vella política de persoal do PP" para favorecer a "amigos, familiares e militancia". 


|

Jesus vazquez alcalde orense  644x362


O PSOE de Ourense denunciou este xoves as "pretensións" do alcalde, Jesús Vázquez Abad, de "recuperar a vella política de persoal do PP" no concello co "único fin de favorecer e contratar a amigos, familiares e militantes" da súa formación.


Así pois, a través dun comunicado, presentou unha demanda para impugnar as bases e a convocatoria de 17 xefaturas de servizo no concello. "Non escatimaremos tempo nin recursos en estar vixiantes e denunciar calquera actuación caciquil, oscurantista e clientelar", advertiron os socialistas ourensáns.


Non en balde, tal e como subliñou o PSOE local, neste municipio o PP xa foi no pasado "especialista en degradar o acceso á función pública para todos os cidadáns en igualdade de condicións de mérito, capacidade e igualdade".


Na mesma liña, denunciou "a falta de transparencia, publicidade e libre concorrencia" na convocatoria de dúas interinidades de educador de familia, coa introdución no proceso selectivo dunha entrevista persoal. Ademais, considerou "alarmante" que os candidatos só dispoñan de tres días para presentar a súa solicitude.

relacionada Denuncian "pseudo caciquismo" nas contratacións de radioloxía en Santiago
relacionada Democracia Ourensana firma unha moción de censura contra o alcalde malia carecer de apoios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE