Unha manda de xabarís pasea polo Campus Sur de Santiago

Os animais, procedentes de monte Pedroso, baixaron a noite do mércores e fóronse polo seu propio pé, sen que a policía tivese que abatelos. 


|

Jabaliesusccampussur


Unha manda de xabarís paseou na noite do mércores polo Campus Sur de Santiago de Compostela procedentes do monte Pedroso, onde regresaron os animais posteriormente, segundo informaron a Europa Press fontes municipais.


Sobre as 21,00 horas do mércores un particular avisou ao 112 Galicia da presenza dunha manda de xabarís á altura da Escola Técnica de Enxeñaría situada no Campus Sur compostelán, segundo sinalaron fontes do servizo de emerxencias.



Por iso foron mobilizados a Policía Local e Protección Civil. Con todo, fontes municipais explicaron a Europa Press que non tiveron que intervir policías locais xa que os xabarís fóronse sen problema.


Neste sentido, as mesmas fontes municipais puntualizaron que se houbese algún problema a opción sería abatelos, pero concretaron que nesta ocasión no campus "non o houbo".


MASCOTA DA USC


Nas redes sociais xa está a haber propostas para que estes animais sexan adoptados como 'mascota oficial'. Mesmo están a xurdir propostas de nomes como 'Xabarís Estudantís'.


Tamén atopamos bromas sobre a inusual presenza dos xabarís no campus, e algúns usuarios instan o alcalde Noriega a colocar sinais de 'Déixaos pasar' coa imaxe do suido no canto da dos patos que tan habituados están a pasear ás súas anchas no Campus Norte. 




relacionada Descobren na Ría de Arousa un novo animal mariño

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE