Carles Gil: "Se noutros campos a falta de intensidade nos mata, en San Mamés máis"

A suspensión do partido da pasada fin de semana serviu ao Dépor para "meter máis carga de traballo nos adestramentos e chegar ao sábado en moi boas condicións".


|

CarlesgilrpdeporCarles Gil, en sala de prensa. //Fonte: RC Deportivo


O Dépor afronta o partido desta fin de semana contra o Athletic coa urxencia de sumar os tres puntos despois de máis de mes e medio sen gañar. En sala de prensa, Carles Gil asegurou esta mañá que "somos conscientes de que estamos a unha distancia razoable, pero conseguir eses case 40 puntos para asegurar a salvación é o noso obxectivo e loxicamente hai que gañar xa".


O futbolista asume que "estamos a ter a sorte de que aos de abaixo que lles está custando, pero todos temos moitos anos no fútbol e todos cando chega a recta final apertamos moito máis".


A este encontro o equipo chega en plena forma, e a suspensión do choque contra o Betis "serviu para meter máis carga de traballo nos adestramentos e chegar ao sábado en moi boas condicións". "É a nosa conta pendente esta tempada, gañar o primeiro partido fóra da casa, e qué mellor escenario que un campo coma San Mamés", declarou Carles Gil.


Para conseguilo, o atacante deportivista recoñece falta de "intensidade desde o primeiro minuto e démonos conta de que se noutros campos iso nos mata, en San Mamés máis". Por iso, os xogadores propóñense "ser máis intensos neses pequenos duelos que parecen bobadas pero que ao final determinan os partidos".


No plano persoal, Carles Gil espera que o respecten as lesións e considera positiva a competencia: "Ao final os xogadores que xogan é porque están ben, senón, van xogar outros".


Preguntado por Fede Cartabia, afirma que o coñece da canteira, pero que non chegou a coincidir con el. De todos os xeitos, considera a fichaxe "un acerto, porque é un xogador novo que aquí xa demostrou o ano pasado do que é capaz". Se coincidirá con el a próxima tempada, non asegura nada, pois ten dous anos máis de contrato en Inglaterra, pero manifesta que "a xente que o ten que saber xa sabe o a gusto que estou aquí".

relacionada Ola John: "Fixéronme sentir coma na casa rapidamente"
relacionada A reparación da cuberta de Riazor estará lista "en tres días"
relacionada Suspendido o Dépor-Betis polos danos sufridos en Riazor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE