Educación convocará prazas en 25 especialidades de docencia

Serán prazas de mestre en todas as especialidades, Pedagoxía e Audición e Linguaxe; en Secundaria haberá oferta en doce especialidades e os profesores de FP terán opcións en cinco materias. 


|

Profesoraulafisicayquimica


A Consellería de Cultura e Educación convocará unha oferta de emprego público (OPE) con prazas en ata 25 especialidades de docencia diferentes.


Segundo anunciou este mércores a Xunta a través dun comunicado, convocaranse prazas de mestre en todas as especialidades, en especial nas de Educación Infantil, Educación Primaria Lingua Estranxeira Inglés, Lingua Estranxeira Francés, Educación Física e Música.


Ademais, e para "continuar garantindo o máximo nivel de inclusividad" para o alumnado con necesidades especiais de atención educativa, convocaranse prazas en Pedagoxía Terapéutica e en Audición e Linguaxe.


En Secundaria, haberá oferta en doce especialidades: Lingua e Literatura Galega, Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Educación Física, Análise e Química Industrial, Asesoría e Imaxe Persoal, Hostalería e Turismo e na de Organización e proxectos de fabricación mecánica.


No caso dos profesores técnicos de Formación Profesional, as prazas serán para Cociña e pastelería, Equipos electrónicos, Laboratorio, Mantemento de vehículos e Sistema e aplicacións informáticas.


A Xunta apuntou que a oferta "se axusta ás necesidades actuais do sistema educativo galego", co obxectivo "de chegar ao número máximo de prazas permitido". O número total e por especialidade determinarase na mesa sectorial de ensino non universitario.

relacionada Este ano sairán 1.000 prazas de profesores, o 100% de reposición
relacionada Ser profesor, o traballo máis ilusionante para os galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE