A costa segue en alerta laranxa e pola tarde entra outro temporal

En terra o que máis preocupa é o vento, aínda que na montaña de Lugo e Ourense espéranse nevadas.


|

Temporalmarolas



O litoral galego permanece este domingo en alerta laranxa por un novo temporal costeiro que afectará o noroeste e oeste da provincia da Coruña e á costa lucense a partir da tarde.


Espéranse ventos do Oeste de forza 7 e 8 e mar combinado do oeste con ondas de entre cinco e seis metros. En Lugo, o vento poderá alcanzar forza 8-9.


Ademais, na provincia de Pontevedra actívase unha nova alerta laranxa por vento que afectará a toda a rexión a partir da tarde con refachos que poderán alcanzar os 100 km/h.


Na montaña de Lugo e Ourense, a partir da media noite e ata a tarde do domingo, permanece activo o aviso amarelo por neve e espéranse acumulacións de ata 18 centímetros e a cota ao redor dos 700-900 metros.


O Concello da Coruña informou que manterá este domingo o dispositivo de seguridade municipal activado debido ao temporal, segundo informa o Consistorio.


A pesar de que se prevé que a forza do vento se reduza, indica que o fará para "previr calquera situación que poida levar risco para a cidadanía". Por este motivo, manteranse pechados os accesos aos areais da cidade, así como precintados os parques e xardíns. As zonas deportivas ao aire libre tamén permanecerán sen actividade.


En concreto, este domingo manterase durante toda a xornada a alerta de nivel laranxa do mar con ondas que poden chegar aos oito metros.


A alerta laranxa tamén está decretada por vento no litoral, con ventos de forza oito. Os corpos de seguridade municipais lembran á poboación a importancia de extremar as precaucións e non achegarse á zona de costa ante posibles golpes de mar.

relacionada As desfeitas en Balaídos tras o temporal obrigan a suspender o Celta-Madrid
relacionada O temporal deixa a 65.700 galegos con problemas de subministración eléctrica
relacionada Centos de alertas, danos en infraestruturas e oito feridos durante a noite en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE