Salvamento Marítimo rescatou a 872 persoas en 2016 en Galicia

O centro de A Coruña atendeu a 176 persoas en 110 emerxencias; o de Fisterra, a 528 persoas en 363 emerxencias; e o de Vigo, a 168 persoas en 86 emerxencias.


|

Pesquerosalvamentomaritimorescate


Os tres centros de Salvamento Marítimo situados en Galicia (Fisterra, A Coruña e Vigo) coordinaron o rescate, asistencia ou procura de 872 persoas nas 559 actuacións marítimas atendidas durante o ano 2016.


Segundo os datos facilitados este venres por Salvamento Marítimo, o centro da Coruña atendeu a 176 persoas en 110 emerxencias; o de Fisterra, a 528 persoas en 363 emerxencias; e o de Vigo, a 168 persoas en 86 emerxencias.


Os tres centros de Salvamento atenderon 400 emerxencias relacionadas co salvamento marítimo, 92 coa seguridade marítima e 67 coa protección do medio ambiente mariño, segundo informou Salvamento.


O total de buques implicados ascendeu a 328, dos cales 136 eran embarcacións de recreo, 73 buques mercantes, 103 pesqueiros e 16 buques doutros tipos.


As actuacións nas que non se viron involucrados buques corresponden a asistencias de diferentes tipos a persoas en dificultades, como caídas ao mar, rescate en cantiis e outras.


Adicionalmente, por parte do Centro de Coordinación de Salvamento situado en Fisterra realizouse o seguimento de 36.596 buques ao seu paso polo Dispositivo de Separación de Tráfico en 2016.


Por outra banda, controláronse os seguintes nas entradas e saídas de porto 4.111 buques na Coruña e 9.556 en Vigo.


DATOS ESPAÑA


En toda España, Salvamento Marítimo coordinou o rescate, asistencia ou procura de 17.921 persoas (unha media de 49 ao día) nas 5.693 actuacións marítimas (máis de 15 de media ao día) atendidas en toda España ao longo de 2016, o que supón un aumento do 4% con respecto ao ano anterior.


A maior parte da actividade en 2016 estivo relacionada co salvamento de vidas na mar --en concreto 4.478 actuacións--, outras 743 intervencións dirixidas a garantir a seguridade marítima e 472 relacionadas coa protección do medio ambiente mariño.

relacionada Localizan o corpo dun polisón nun barco atracado na Pobra do Caramiñal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE