O billete para a final de Copa está en Mendizorroza

(0-0). O Alavés, fiel ao seu estilo, plantouse en Balaídos sen demasiadas concesións e o Celta non puido materializar as oportunidades de adiantar a eliminatoria.


|

AlavesceltaEmpate sen goles en Balaídos. //Foto: @Alavés


O Celta acariñou o gol no partido de ida da semifinal de Copa do Rey, pero os postes e o porteiro branquiazul frustraron as arremetidas celestes. O partido arrincou tremendamente igualado e mantívose así ata o tramo final, no que o Celta angustiou o Alavés na súa propia área e tivo ocasións moi claras para adiantarse na eliminatoria. Todo por decidir na volta.


Primeira parte de máxima igualdade. O Celta topouse cun Alavés rochoso e moi ben ordenado que apenas concedeu opcións aos de Berizzo. Os vigueses comezaron dominando e acaparando o balón, pero a ocasión máis clara chegou ao lado branquiazul. Ao bordo do descanso Sergio voou para evitar un gol cantado de Manu García.


A réplica de Pacheco, gardameta do Alavés, chegou ao comezo do segundo tempo. Aspas recibiu o balón só, no pico da área, e rematou a porta con todo a favor, pero apareceu o porteiro para erixirse en salvador do cadro vasco.


E no minuto 66 a máis clara para o Celta. Marcelo Díaz enviou un centro medido á área e Wass cabeceou atrás para o remate de Iago Aspas. O disparo do moañés golpeou no traveseiro, botou a centímetros da liña de gol e marchou fóra. Pouco despois nova oportunidade. Centro ao corazón da área e remate de cabeza, de novo de Aspas. O esférico saíu desviado. Eran, sen dúbida, os mellores momentos do Celta.


Insistía no seu empeño o de Moaña que, incansable, tentouno mesmo cun remate de chilena. O conxunto olívico veuse arriba e iniciou un asedio á portería rival durante case a última media hora do partido.


A sorte non estivo do lado céltico e o marcador non se moveu. Empate sen goles que deixa todo por decidir para o partido de volta en Mendizorroza.


FICHA TÉCNICA


0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral (Sergi Gómez, min.80), Roncaglia, Jonny, Marcelo Díaz, Radoja, Pablo Hernández, Wass (Guidetti, min.76), Bongonda (Sisto, min.68), Iago Aspas.


0-ALAVÉS: Pacheco, Femenía, Laguardia, Feddal, Theo, Llorente, Camarasa (Romeu, min.83), Manu García, Ibai (Vigaray, min.75), Toquero (Edgar, min.62), Deyverson.

relacionada O Celta, a polo primeiro asalto das semifinais en Balaídos
relacionada Berizzo: "Gañamos o dereito a soñar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE