Declara no hospital o detido polo crime do Carballiño

O fiscal xa solicitou o seu ingreso en prisión. Mentres, centos de persoas concentráronse en varias localidades en repulsa contra a violencia machista.


|

Concentracionmachismo


A maxistrada do Xulgado de Instrución numero 2 do Carballiño tomou declaración ao home detido por asasinar a súa parella esta fin de semana. A xuíza desprazouse ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), onde permanece ingresado na Unidade de Agudos.


Segundo avanzaron fontes da investigación, o fiscal xa solicitou o seu ingreso en prisión e prevese que o xulgado notifique a resolución este mércores.


A autopsia preliminar confirmou que a vítima foi estrangulada. O crime coñeceuse o domingo, despois de que uns familiares da muller asasinada desen a voz de alarma despois de que esta non acudise a unha cita que tiña concertada con eles.


CONCENTRACIÓNS DE REPULSA


Centos de persoas concentráronse este martes en varias localidades galegas para expresar a súa repulsa contra a violencia machista.


En Santiago, a protesta tivo por escenario a praza 8 de marzo, onde habitualmente se producen este tipo de concentracións cando se rexistra un caso de violencia contra a muller. Neste punto da capital galega concentráronse máis dun cento de persoas ao berro de 'non son arrebatos, son asasinatos'; 'non estamos todas, faltan as mortas', 'estamos fartas de ser asasinadas' e 'ningunha agresión sen resposta, ningún agresor sen castigo'.


Os mobilizados, como é a práctica desde hai xa anos, desprazáronse a continuación uns metros para cortar a estrada durante uns 20 minutos no cruzamento de Porta do Camiño, unha arteria fundamental do tráfico que circula polo centro da cidade.


Maiortariamente mulleres, pero tamén numerosos homes, situáronse tras de dúas pancartas, unha da Marcha Mundial das Mulleres que advertía de que a loita seguirá "en marcha" ata que "todas" as mulleres sexan libres e outra do Movemento Feminista de Compostela que rezaba "rebelión" e "desobediencia" contra "a súa violencia".


ASISTENTES E OUTRAS PROTESTAS


Entre os asistentes estiveron o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, e a deputada Luca Chao; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín (BNG); a concelleira de Compostela Aberta Marta Lois e o portavoz socialista no concello santiagués, Paco Reyes, entre outros representantes políticos e de movementos sociais.


Xunto á de Santiago, a Marcha Mundial das Mulleres tiña convocadas concentracións tamén no Carballiño, diante do Consistorio; na Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Vigo e Ferrol.

relacionada A muller asasinada no Carballiño foi estrangulada
relacionada Un home asasina presuntamente a súa esposa no Carballiño

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE