Heredeiros da Crus inicia a xira do seu 25º aniversario en Bilbao

Arrincan fóra de Galicia, con visitas a Barcelona, Madrid e Ponferrada. Anuncian sorpresas para celebrar o seu cuarto de século.


|

Heredeirosdacrusxira


A banda galega Heredeiros da Crus actuará este venres, 3 de febreiro, na sala Fever de Bilbao dentro da xira coa que conmemoran o seu 25º aniversario, na que visitarán tamén Barcelona, Madrid e Ponferrada.


Segundo explicaron desde a organización, trátase do "primeiro dos actos previstos na celebración dun 25º aniversario que virá cargado de novidades e sorpresas ao redor da mítica banda galega". As actividades culminarán a principios do 2018 coa saída dun novo traballo discográfico en formato vinilo.


Tras a súa primeira cita este venres en Bilbao, a xira recalará o sábado 4 na Sala Sidecar de Barcelona, o venres 10 en Sálgaa Caracol de Madrid e o sábado 18 en Sala La Vaca de Ponferrada.

relacionada Ses ofrecerá un concerto en Ourense tras esgotar entradas na Coruña e Narón

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE