Galicia, entre os destinos preferidos para "escapar" de fin de semana

As escapadas de fin de semana, "que substituíron ás vacacións durante a crise como unha forma de aforrar", consolidáronse como unha tendencia de lecer.


|

Turismoriasbaixas


Galicia é, xunto a Asturias e Euskadi, un dos destinos elixidos polos españois para "escapar" un fin de semana, segundo un estudo realizado entre os seus usuarios pola empresa de aluguer vacacional de coches Goldcar.


A sondaxe indica que a maioría dos cidadáns do Estado, un 61 por cento, viaxa unha media de tres veces ao ano durante os fins de semana, e o 80 por cento di facelo fai menos de seis meses.


Os datos demostran que as escapadas de fin de semana, "que substituíron ás vacacións durante a crise como unha forma de aforrar", consolidáronse como unha tendencia de lecer.


Entre as preferencias dos españois á hora de gozar deste tipo de estancias curtas destaca o turismo cultural no país (34%), a diferenza de franceses, italianos e alemáns, que apostan por viaxar ao estranxeiro e coñecer outros países.


O turismo nacional imponse ás viaxes ao estranxeiro (26%), así como a outros destinos clásicos como o mar (24%) ou a montaña (14%).


MELLOR O NORTE


No conxunto do Estado, os viaxeiros decántanse polo norte, con Asturias, Galicia e País Vasco como comunidades preferidas para gozar de "as mellores rutas e plans durante un fin de semana".


O "relax" e "a desconexión da rutina" son as principais causas polas que os enquisados españois deciden emprender unha viaxe de fin de semana (36%), aínda que a moitos lles atrae a posibilidade de realizar turismo cultural (22%) e visitar lugares "cheos de historia, museos e monumentos". Tamén ten un peso importante as escapadas románticas (19%), por encima das viaxes familiares (15%). En último lugar sitúanse as rutas gastronómicas (8%).


A enquisa tamén desvela os destinos europeos favoritos para explorar durante estas mini-vacacións e que, liderados por París, inclúen a Londres, Roma, Praga, Ámsterdam e Berlín.

relacionada Todas as vivendas que se aluguen a turistas deberán estar rexistradas
relacionada 17 espazos do patrimonio natural de Galicia para un "turismo sustentable"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE