O vicepresidente da CEG: "Arias pode axuntar os intereses de todo o empresariado"

Malia non contar cos apoios de Ourense e Pontevedra, confiou en que "impere o sentido común" e o traballo "a favor da institución".


|

VicepresidenteCEG


O vicepresidente segundo da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, considerou que o recentemente elixido presidente da patronal galega, Antón Arias, "pode axuntar os intereses de todo o empresariado galego".


López destacou que Arias "é o presidente máis apoiado da historia da CEG, superando o sesenta por cento do pleno da asemblea", aínda que puntualizando que se trataba "dunha candidatura da Confederación de Empresarios da Coruña, onde formaba parte dos seus órganos de goberno".


"Pero sen o apoio da CEL sería moi difícil que esta candidatura prosperase, polo menos con eses votos de distancia que existen", matizou.


Neste sentido, destacou que "Lugo apostou por el, porque é unha figura que xa coñece, que demostrou o seu traballo e o seu talante" para ser "un candidato de consenso". "Antón Arias é unha persoa que pode axuntar o interese de todo o empresariado galego", insistiu.


Por iso e a pesar de que non contar cos apoios de Ourense e Pontevedra, confiou en que "impere o sentido común" e o traballo "a favor da institución, da CEG".


"Creo que niso temos un persoa á fronte, que é Antón Arias, que axunta ese sentido da responsabilidade, da unidade e do traballo. Eu creo que pode facer un bo papel buscando o consenso entre todos e iso faise día a día", puntualizou.

relacionada Antón Arias, elixido novo presidente da patronal galega
relacionada Os empresarios de Pontevedra non apoiarán a Arias e augúranlle un mandato "complicado"
relacionada Os Empresarios de Ourense ven "unha grave deslealdade" a candidatura de Arias á CEG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE