Sés esgota as entradas na Coruña, Narón e Ourense e recala en Vigo

Continúa a xira de presentación do seu novo traballo, 'Opoñerse á extinción", que terá datas en Madrid e Bilbao.


|

Sescantautoragalega


Sés continúa a xira de presentación do seu novo traballo, 'Opoñerse á extinción', o vindeiro sábado 4 de febreiro en Vigo, concretamente no Auditorio do Mar. Faino despois de esgotar as entradas na Coruña, Narón e Ourense.


Ademais, ofrecerá outros dous concertos no mes de febreiro, uno o 11 de febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra e outro o 18 no auditorio municipal de Burela. Logo dará senllos concertos en Madrid e Bilbao.


As entradas para este concerto poden comprarse na plataforma Ticketea, segundo indicaron nun comunicado desde Komunika Kultura.


'Opoñerse á extinción' é o cuarto álbum de Sés --María Xosé Silvar--, que segue sendo "pura forza, inconformismo e paixón". Nel segue a liña do seu inconfundible estilo, que a levou a converterse nunha das artistas máis relevantes do país nos últimos anos.


"Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor", explicou a propia Sés.

relacionada Ses ofrecerá un concerto en Ourense tras esgotar entradas na Coruña e Narón

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE