Os axentes forestais de Galicia mostran a súa repulsa polo asasinato de Lleida

Reclaman, ademais, "establecer medidas" para "garantir a súa propia protección e defensa durante o desenvolvemento das súas tarefas".


|

Aprafogaconcentracionsilencio


Axentes forestais galegos realizaron unha concentración na mañá deste luns en repulsa do asasinato de dous axentes rurais o pasado sábado de Aspa (Lleida) a mans dun cazador.


O acto tivo lugar ás portas da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, coa presenza a titular desta carteira, Beatriz Mato; así como ante as sedes de varios distritos forestais de toda Galicia e España, onde se gardaron cinco minutos de silencio en memoria dos axentes asasinados.


Os profesionais mostran a súa "absoluta condena e repulsa" polo suceso e reclamou "establecer medidas" que permitan aos axentes forestais "garantir a súa propia protección e defensa durante o desenvolvemento das súas tarefas".


O pasado sábado, un cazador de 28 anos e de nacionalidade española foi detido como presunto autor do dobre homicidio de dous axentes rurais en Aspa (Lleida).


Segundo informou o Goberno catalán, o presunto autor do crime, que se atopaba na localidade para practicar a caza, foi requirido pola súa licenza de armas durante un control rutineiro, ante o que reaccionou "dunha maneira violenta, homicida" e disparou na cabeza aos dous axentes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE