Cinco hospitalizados en Santiago e Castro de Rei por intoxicación de monóxido de carbono

Nos dous casos, todo apunta a que a mala combustión dos seus quentadores provocou a acumulación dese gas que non ten cor nin cheiro.


|

Chus 7


Dúas persoas foron trasladadas na madrugada deste luns ao Hospital Clínico de Santiago por intoxicación de monóxido de carbono supostamente debido a un quentador de butano.


Pasados uns minutos das 2,15 horas, o persoal do 112 Galicia despois de recibir a alerta dun particular, pasou aviso de inmediato a Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Santiago.


O alertante solicitaba asistencia sanitaria para un domicilio da Costa Nova de Abaixo, en Santiago. Unha vez na vivenda, localizados os afectados e feitas as correspondentes medicións, os bombeiros confirmaron a presenza dese gas que achacaron á "mala combustión do quentador", segundo indicaron as mesmas fontes.


Ao lugar o 061 desprazou, segundo informaron a Europa Press fontes sanitarias, unha ambulancia medicalizada que levou ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a unha muller de 28 anos, C.H.S., e outra asistencial que trasladou ao CHUS ao home M.M.G., de 27 anos.


CASTRO DE REI


Tres veciños da localidade luguesa de Castro de Rei tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario logo de sufrir unha intoxicación debido á mala combustión dun quentador.


O suceso ocorreu ao redor das 14,30 horas deste domingo en Castrillón, na parroquia de Ribeiras de Lea, e, segundo informou o CAE 112 Galicia, todo apunta a que as causas da intoxicación foi o mal funcionamento do quentador da casa.


As tres persoas foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti de Lugo. Unha delas permanecía inconsciente no interior da vivenda, polo que os efectivos sanitarios desprazáronse ao lugar cunha UVI móbil.


Ademais de alertar a Urxencias Médicas, o 112 Galicia tamén deu aviso aos Bombeiros de Vilalba, Garda Civil e á compañía responsable da suministración do gas.

relacionada Unha nai e os seus dous fillos, intoxicados en Camariñas por prender un asadeiro para se quentar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE