En Marea cualifica de "abusivo" o decreto para a devolución de cláusulas chan

Villares indicou que "é prexudicial" para os afectados porque "é o banco quen cualifica se as cláusulas son abusivas ou non".


|

Luisvillaresenmarea


O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, cualificou de "prexudicial para os consumidores"Real Decreto lei aprobado polo Goberno español para a devolución das cláusulas chan por parte das entidades bancarias.


En declaracións aos medios este sábado, Villares indicou que o decreto "é prexudicial" para os afectados porque "é o banco quen ten a potestade de cualificar se as cláusulas son abusivas ou non".


O Consello de Ministros aprobou o pasado venres un Real Decreto de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas chan indebidas que establece un procedemento extraxudicial para resolver, segundo o Goberno central, de forma "rápida e gratuíta" as reclamacións dos consumidores derivadas das últimas sentenzas xudiciais.


En relación a iso, o portavoz parlamentario de En Marea tachou de "abusivo" que sexa a entidade bancaria "quen realiza a oferta de devolución sen explicitar cal é a cantidade para devolver" e que non exista unha "autoridade independente" que "verifique" que a contía ofrecida aos afectados "é a que corresponde".


Por outra banda, En Marea defende que os intereses derivados deben ser abonados "a favor dos afectados" e no decreto aprobado polo Goberno central "non se di se os tres meses de negociacións deveña intereses" para os consumidores.


Por último, Villares criticou que o Goberno central empregue "as costas procesuais" como unha "medida disuasoria para que os afectados non reclamen pola vía xudicial".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE