Detido un home en Vigo por violencia machista

A última das agresións á súa parella foi en presenza dos fillos. A vítima contou que xa a ameazou noutra ocasión cun coitelo.


|

Violenciamachista


Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, R.D.S.B., de 38 anos de idade e natural de Brasil, como presunto autor dun delito de violencia machista, ao agredir a súa parella en presenza dos fillos.


Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na noite do mércores, cando unha dotación do 092 se desprazou a un domicilio da zona da rúa Pino, alertada porque se estaba producindo un episodio de violencia.


Unha vez no lugar, a vítima relatoulles que mantivera unha discusión coa súa parella cando este lle preguntou con quen estaba a falar ou 'chateando' polo móbil, e ela non lle respondeu. Nese momento, explicou a muller, o home agarrouna, zarandeouna e tirouna ao chan, todo iso en presenza dos dous fillos menores de ambos.


Ademais, a moza sinalou que, en días anteriores, no transcurso doutra pelexa, a súa parella a ameazara de morte cun coitelo. O home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero, e trasladado a dependencias policiais.

relacionada Condenado a 20 anos de prisión polo asasinato da súa muller en Narón
relacionada ​Localizan en Vigo un home buscado por violencia machista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE